Con "Juguetería El Placer" tes a posibilidade de que os teus envíos sexan gratuitos*

Unha das opcións que podes elixir é o servizo 48/72 h de Correos.

Entrega dende a oficina de Correos máis próxima ó domicilio indicado, con 2 avisos de chegada (o segundo ós 5 días) e dispoñibilidade na oficina durante 15 días como norma xeneral.
Con posibilidade de reforzar os avisos de chegada con sms.
*Excepto cestas de regalo.

Como segunda opción "Juguetería El Placer" ofreceche a posibilidade de que as entregas dos teus pedidos sexan a domicilio nun prazo entre 48 e 72 h. O prezo dependerá do peso da mercadoría e do domicilio. Detallarase na opción "transportista" o prezo dos gastos de envío.


Servizo de Mensaxería: Se selecciona este servizo recibirá a súa mercadoría en 24 h. No caso de envío á comunidade Galega os gastos de envío serán GRATUÍTOS, para o resto de provincias (ata 10 kg) o importe dos gastos ascenderá a 8 €

 


Servizo Mensaxería Urxente: Para os envíos que non poden esperar ofrecémosvos o servizo urxente ASM. Recibirás o teu pedido en 10 h. O prezo dependerá do peso do pedido e o domicilio (indicarase na pestana de "transportista")

 

Poderá cambiarse se o produto non foi aberto e está en perfectas condicións. Nunca se reembolsará o importe da compra pero si se poderá efectuar o cambio por un artigo do mesmo importe ou superior. Os gastos de envío, e a diferenza de prezo se a houbese, correrán a cargo da persoa que realice o

Os prazos de expedición indicados son orientativos. No caso de que existise algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, "Juguetería El Placer" poñerase en contacto con vostede inmediatamente para comunicar o novo prazo de entrega ou, se non fose posible servirlle o devandito produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un atraso na entrega respecto aos prazos indicados non dará dereito ao cliente a esixir indemnización algunha.

A forma de pagamento contra reembolso leva consigo un gasto extra dun 5% sobre o gasto total.

Para o resto de envíos "Juguetería El Placer" non cobra gastos de manipulación.

Satisfacción ou devolución

Se o cliente non quedase satisfeito co seu produto, o prazo máximo para solicitar a devolución estipúlase en 7 días naturais dende a recepción do pedido. Neste caso, os gastos de envío e recollida correrán por conta do cliente.

Antes de realizar a devandita devolución o cliente deberá poñerse en contacto co noso departamento de vendas no prazo indicado a través de correo electrónico:info@elplacerjugueteria.com ou no teléfono 616 169 357 onde lle indicaremos como proceder á devolución. Non se realizará ningunha devolución que non fose previamente comunicada.

Para poder admitir a devolución o produto e a súa embalaxe deben encontrarse en perfectas condicións, así como conservar todos os seus accesorios e documentación de orixe. O artigo a devolver deberá estar correctamente embalado para a súa devolución.
 
IMPORTANTE:

"Juguetería El Placer" non devolverá o importe ou non realizará ningún reenvío de mercadoría mentres non se verifique a recepción e estado do produto, embalaxe e accesorios do artigo obxecto da devolución ou cambio.

O prezo a devolver é o que orixinalmente figuraba no pedido e procederase ó reintegro do seu importe conforme á modalidade de pagamento realizada polo cliente.

Produto defectuoso de orixe:

Unha vez que "Juguetería El Placer" reciba o produto defectuoso enviaralle outro. Neste caso o cambio efectuarase sempre polo mesmo artigo ou referencia. Soamente lle será facturado o primeiro envío, facéndose cargo "Juguetería El Placer" dos portes correspondentes á devolución e novo envío. Se desexase efectuar un cambio por outro artigo, os gastos de devolución e novo envío non serán asumidos polo "Juguetería El Placer".

Produto que, por erro, non responde ó do pedido:
"Juguetería El Placer" correrá cos gastos de recollida do produto equivocado e entrega do correspondente ó do pedido realizado.

En caso de que sexa un agasallo: